Curso de téxtiles intelixentes

LilyPad|micro-controlador téxtil para wearables

Curso de téxtiles intelixentes

Imparten Marta Verde e Pilu Caballero: codeFolkers

 

O LilyPad Arduino é unha placa con micro-controlador deseñado para prendas e i-téxtiles. Pode-se empregar con complementos similares como fontes de alimentación, sensores actuadores de diversos tipos, todos eles unidos por fio condutor. LilyPad-Arduino é unha placa deseñada e desenvolvida no MIT de Boston por Leah Buechley, e distribuida pola coñecida Spark Fun Electronics.

Dirixido a:

Artistas multidisciplinares, deseñadores de moda, programadores, curiosos, performers e todo aquel interesado en coñecer novas formas electrónicas con posibilidades creativas, ferramentas de xeneración gráfica, sonora, lumínica e interactiva; asi como todo aquel que sen ter coñecimentos prévios de electrónica desexe adentrar-se neste mundo. Non son necesários coñecimentos prévios de electrónica, programación ou desenvolvemento téxtil.

 

Metedoloxia

As primeiras sesións adican-se a situar a placa de LilyPad nos contextos artísticos e tecnolóxicos actuais, e realiza-se unha introdución das técnicas básicas de creación artística no mundo téxtil e os micro-controladores.
Repaso de materiais e ferramentas para levar a cabo prototipos de dispositivos útiles e introdución aos micro-controladores.

As seguintes sesións centran-se na aprendizaxe e aplicación técnicas mediante exemplos e casos prácticos, que despois se empregarán como punto de partida para desenvolver un pequeno proxecto creativo.
Os exemplos centrarán-se nas técnicas de interación que se veñen empregando actualmente.
Para rematar, cada alumno traballará asesorado en todo o momento para realizar un pequeno proxecto final individual ou en grupo.

Cuando: 25 ao 29 de Marzo. De 09:30h a 13:30h ou de 17:00h a 21:00h

Dónde : Rua Arquitecto de la Sota, 7; baixo 36001, Pontevedra

150 € (Kit incluido valorado en 40 €) Non socios 130 €  Socios

MAS INFO E INSCRIPCIÓN AQUÍ

 

Comentarios